Para promotores

Queres impulsar unha comunidade enerxética, pero a complexidade fréate?

Cercle Solar é a plataforma que pon en marcha o teu proxecto de enerxía solar compartida e xestiónacho de principio a fin. Ou desde onde o necesites.

Ti decides ata onde queres chegar

Planificación e deseño técnico

Asumimos o deseño completo da instalación e axudámoste a pechar o acordo co titular da cuberta.

Documentación e trámites

Permisos de instalación, permisos de distribución e xestión da conexión coa distribuidora. Ao completo.

Instalación

Se precisas apoio sobre o terreo, encargámonos da instalación da planta de xeito integral.

Xestión de subscritores

Toda a xestión contractual: contratos de subscrición e acordos de reparto de enerxía.

Mantemento e xestión continua

Seguimos ao teu carón unha vez que o proxecto está en marcha: mantemento da planta e xestión automatizada das altas e baixas de subscritores, incluída a facturación.

Concellos
Comunidades de veciños
Empresas e pemes
Investidores en renovables

Nós poñemos a plataforma. Ti céntrate en facer medrar as túas ideas.

Cóntanos o teu proxecto e asesorámoste sen compromiso.

Presenta o teu proxecto